Instagram

lunes, 30 de julio de 2012

REUNIÓN VECIÑAL EN ADINA PARA 5 DE AGOSTO 2012


NOTA de PRENSA:
VERTEBRACIÓN DA CIRCULACIÓN VIARIA DAS PRAIAS CARA A AUTOVÍA  VG-4.1

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE ADINA programa, ante a ausencia de ideas do Goberno de Sanxenxo, unha reunión para o vindeiro domingo día 5 de agosto coa finalidade de consensuar cos veciños un novo plantexamento das vías de servizo que se inclúen no novo proxecto de desdobre da  VG 4.1 Sanxenxo-O Grove.
A idea principal que estudia o Colectivo Veciñal é a de transformar os novos camiños de servizo  da vindeira ampliación para que sexan transformados en vías de acceso á nova Autovía do do Salnés, esta actuación pasaría por ampliar estas vías mínimamente para que tiveran o ancho suficiente para absorber circulación de vehículos en ambos sentidos, cousa que agora é imposible cos camiños actuais e que seguirá sendo imposible se non se ten en conta esta situación. Así con todo, os veciños propietarios, terían acceso directo das súas propiedades a unha vía de dúas direccións, con todo o que isto supón
A ampliación destes camiños non suporía ningún aumento na expropiación, salvo algún caso contado  que sería de escasa importancia, a cambio, os camiños serían auténticos “afluentes” que recollerían todo o tráfico que durante moitas décadas se atascan no Concello de Sanxenxo.
O obxectivo final sería enlazar estas vías de acceso coas praias que existen entre Canelas e Major, por cinco ramificacións principais que serían Pontes,  Aios, Montalvo, Rial e A Barrosa, as cales se comunicarían coa Autovía en Aios e Adina sen tocar unha soa edificación. Esta idea permitiría reducir os atascos veraniegos que se producen principalmente na zona de Portonovo a Sanxenxo, sempre que se vexan acompañadas dunha boa información e sinalización viaria.
A idea de eliminar os atascos sempre estivo nas campañas electorais polo que o Colectivo Veciñal entende que os partidos políticos apoiarán  esta proposta cidadá, o feito de comunicar eficientemente as nosas praias non vai a ter moitas ocasións coma esta polo que a Asociación de Veciños espera que o proxecto teña unha boa acollida. É , probablemente, a derradeira ocasión que existe no Concello de Sanxenxo para ter  un sistema viario ben vertebrado coa Autovía e rematar dunha vez por todas coas caravanas veraniegas.
A vertebración das vías de circulación repercutirán de xeito positivo tamén nos propios veciños da localidade que recibirán máis turistas cando rematen os odiados atascos , e tamén poderán circular eles mesmos polo seu Concello coma sucede noutra épocas do ano.
En definitiva, o reordenamento das vías de acceso que se propoñen, non supón máis cunha pequena inversión económica para resolver un problema histórico do Concello de Sanxenxo.
Este proxecto será presentado este martes nunha reunión no Concello para intercambiar opinións co Concelleiro Delegado.

Asociación de Veciños de Adina

No hay comentarios:

Publicar un comentario