Instagram

jueves, 27 de octubre de 2011

Pedimos proteccion dos humidais, xa no 2004

Instancia Maria José Caride. Baltar

sábado, 22 de octubre de 2011

A concelleria de Mediambiente, dou unha solución dos cans abandonados, vella petición veciñal


PENSAMOS QUE A SOLUCIÓN DOS ANIMAIS ABANDONADOS  NAS RÚAS, NON ESTÁ TANTO NA RECOLLIDA, PARA POSTERIOR SACRIFICIO OU ADOPCIÓN, COMO NUN PLAN QUE ACABE CO PROBLEMA DE RAIZ  E QUE, NECESARIAMENTE,   TERIA CATRO PARTES :
1.-ESTERILIZACIÓN, 2.-CAMPAÑA DE DIVULGACIÓN, 3.-REXISTRO MUNICIPAL DE ANIMAIS GRATUITO E 4.-SANCIÓNS POR INCUMPRIMENTO, COAS QUE SE AXUDARÍA A FINANCIAR  O PROGRAMA

Nota de prensa: A Casa de D. Fernando

A Casa de D. Fernando

Nota de prensa: Asalto a madama 2011

Xermán Prieto Deza
Artigo de opinión, co rogo de que se publique na Revista de Adina


O ASALTO A MADAMA
O dia do Can de S. Roque xa non é tal, senón que, cada vez é máis, o dia do Asalto a Madama de Silgar. Este evento que cada ano colle máis forza, tamén colle cada vez, máis posibilidades de episodios violentos e será así, a pesares das boas intencións dos organizadores. Este ano, 2011, non houbo incidentes serie, agás as pintadas dalgún skin army, etc. Pero tampouco houbo asalto máis que o simulacro de poñela bandeira da parroquía fora de hora, cando non habia nadie na defensa do Corbeiro.

Para o meu modo de ver, o acto está desenfocándose da súa finalidade en orixe, que non é outra que a de dar os veciños unha chamada de atención sobre a insuficiencia dunha política parroquial.

A parroquia en Galicia, para min, e penso que moitos máis cidadáns, é unha unidade de convivencia natural e como tal, debe respectarse e potenciarse, e polo tanto, o goberno local debe esforzarse en defender a identidade de cada unha delas, sen que iso supoña unha loita entre parroquias, que é o que se da a entender ós veciños.

O goberno local debe defender a parroquia. Deben mirar polos seus lindes naturais, lugares, barrios, rios, puntas e recovecos etc. e por suposto, a etnografia parroquial. ¿Non sería bonito e útil, ver un plano de Portonovo estructurado por barrios?

Por exemplo, atopámonos que no PXOM grafíase con nomes correctos pero logo a Concellería de Turismo, utiliza outros cando fai mapas, rueiros e promoción turística do concello-mírese os que actualmente reparten-, e o mesmo PXOM, esquécese de puntas, rochas, rios, humidais e lavadeiros a pesar de estar grafiados no deslinde costeiro.

Por exemplo, é bastante fácil que, aínda que pasen moitos anos, a maioría do goberno local e oposición, non sepa que é a Covasa e por iso, desde hai moitos anos, está chea de pedrás que impiden o baño nela, en praia Caneliñas.

Perdida a función social da Confradia de Pescadores S. Roque, os veciños, en especial a xuventude, busca un toque de atención da política local cara a Portonovo. É bastante irritante ver que o lado Este da praia de Portonovo chámase Avenida da Praia de Silgar...

Pero o que non debe ocorrer é que o “Asalto a Madama” forme parte de etnografia portonovesa co fin de evento de bronca e gamberrismo. Corresponde os veciños propoñer un acto de defensa da vila ou parroquia que a alcaldesa debe apoiar e regular e non pedirlle a outro que o prohiba.

P/D: deberia ter unha foto da Covasa

Esta é a Cova, chea de pedras, onde aprendeu a nadar todo Portonovo e gran parte de España.

Xermán Prieto

miércoles, 19 de octubre de 2011

En 2003, os veciños pedimos o fraccionamento do IBI. Hoxe seguen sen enterarse e polo tanto, seguen dándonos o "pau" todo dun golpe.


              mércores, 03 de setembro de 2003

Asunto:  Fraccionamento IBI
  Sr. Alcalde





            Por moitas queixas veciñais, esta asociación, na reunión de Xunta Directiva, de 29 de agosto, acordou


            EXPOÑERLLE

 
            Que o recente cobro do Imposto de Bens Inmobles deixou a moitos veciños sen recursos económicos para o normal desenrolo da súa vida familiar.


            Que sen querer entrar  nunha posible sobrevaloración catastral en certas áreas urbanas, o certo é, que pagar ese imposto dunha soa vez, deixa, cando menos abaneando, moitas economías familiares, polo que esta asociación entende que se podería amainar  ese efecto, se os veciños tivésemos a oportunidade de pagar o IBI dunha forma fraccionada, que mesmo podería ser, tamén para o Concello, máis interesante.

            Que esta é tamén unha idea posible, xa que se fai noutros concellos veciños, por iso,

 
SOLICITAMOSLLE

ELEVE A ACORDO PLENARIO ESTA PROPOSTA E FAGA A XESTIÓN SUFICIENTE E NECESARIA PARA QUE SEXA POSIBLE O FRACCIONAMENTO DO IBI NO VINDEIRO EXERCICIO 2004


SEÑOR ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO CONCELLO DE SANXENXO




sábado, 15 de octubre de 2011

40 anos de gatiños. Na Deputación de Valladolid con estandarte gato e tamén en Barcelona. Junio 1975

Posted by Picasa

40 anos de gatiños. En Sadurní de Noya e Monserrat. 1975

Posted by Picasa

40 anos de gatiños. En Prat de Llobregat. 1975

Posted by Picasa

40 anos de gatiños. Desfile en Valldolid. 1975

Posted by Picasa

40 anos de gatiños. Frente o Bar Ventura, o do mellor polbo do mundo

Posted by Picasa

Regulación do Cemiterio Parroquial de Poleiros. Os veciños de Adina, encargan un informe xuridico

sábado, 8 de octubre de 2011

Comparsas de Portonovo, inédita de J.M Sabaris

Letras comparsas Portonovo
Letras comparsas Portonovo

Recollida Firmas Reactivación Comercial Portonovo

firmas.reactivacion.comercial 011

firmas.reactivacion.comercial 010
firmas.reactivacion.comercial 009
firmas.reactivacion.comercial 007
firmas.reactivacion.comercial 006
firmas.reactivacion.comercial 005
firmas.reactivacion.comercial 004
firmas.reactivacion.comercial 003
001
001

domingo, 2 de octubre de 2011

Margarita Fontan Rico: Lindes da Parroquia de Adina. 2007


 Os lindes da Parroquia Santa María Adina de Portonovo



Margarita Fontán Rico, con DNI 35240528-C e domiciliada, a efectos de notificación en Rúa Areal 7,  36970 PORTONOVO, como presidenta da aavv San Cristóbal de Portonovo

EXPÓN PUBLICAMENTE

Os veciños de Portonovo estamos molestos pola falta de sensibilidade que sobre a parroquia, como unidade de convivencia natural galega, teñen os gobernantes de turno. Non importa que sexan ou non de Portonovo, nin que declaren que son gatas  ou gatos,  ata a medula. Quizá o factor común sexa o descoñecemento do territorio que lles toca gobernar. Neste ocasión, queremos denunciar o encollemento dos lindes parroquiais e urbanos.

Os lindes

Desde hai 40 anos,  Portonovo está sendo achicado nos seus límites parroquiais, a tamén urbanos da vila. A saber:

1965 Primeiro os rótulos anunciadores, estaban no lado Oeste, en Aios e polo lado Este da parroquia , estaban a altura da actual discoteca Zoo e no inicio da Praia de Silgar, pegado mesmo a ladeira do monte do Vicaño.

1972 Logo pasaron ó centro da curva do Vicaño, mesmo ó lado da santa Rosalía,

1986 O Concello acorda anexionar á parroquia de Padriñán, todo o monte Vicaño

1991.O rótulo que estaba na curva de Vicaño, pasa a estar na rotonda do principio de Baltar, máis correctamente Barriada Virxe do Carmen, feita para dar casa ós mariñeiros máis pobres de Portonovo, por iniciativa da Confraría de Pescadores.

1995.Sitúan o inicio urbano de Portonovo a altura da actual nova rotonda pero por protesta veciñal, o concelleiro  J. A. Aguín, volveuno a situar na rotonda inicial.

1999. Telmo Martín, amplía o Paseo de Praia de Silgar a todo lado Este da Praia de Portonovo e aí segue. Ningún concelleiro da parroquia dixo o fixo algo para defender a súa parroquia.

2002.Telmo Martín quita os carteis en chapa que anunciaban o Paseo da Praia de Portonovo

2003. Telmo Martín arranca e rompe o rótulo gravado en pedra de granito  por veciños de Portonovo e que volvia   volvía a anunciar o  Paseo da Praia de  Portonovo ó longo mesmo.

2004. Telmo Martín arranca e secuestra o rótulo en aceiro, posto polos veciños na curva do Vicaño, e que anunciaba a Portonovo cos iconos gráficos de raia, pesca e mar e praia.

2007.Agora que temos unha alcaldesa que presume de gata Portonovesa, chántanos un rótulo axardinado que é moi bonito si, pero está situado na nova rotonda central de Portonovo, polo que todo parece indicar ó visitante, que aí empeza a vila. Sen embargo, todos os veciños sabemos   que deixa atrás non só a mencionada barriada Virxe do Carme, senón que tamén queda fora, toda parte urbana do monte comunal de Vicaño-Baltar. Ela dirá que máis da, pero sinxelamente, era o que menos esperábamos dunha alcaldesa da vila. E si da igual, ¿por que non puxo este rótulo axardinado na rotonda do extremo Este do núcleo urbano de Portonovo?.

            Este tipo de accións, din pouco da calidade dos gobernantes locais e tamén empobrecen a veracidade da información que transmitimos e mesmo irritan a mocidade cando grita “Portonovo Independente e Corea pa (sic) nós”.


Por pintar en finca comunal, multa e fin de semana no cárcere. 2001

Os regatos do Humidal de Baltar

Posted by Picasa

Apiamos que todo mundo teña traballo

Posted by Picasa

sábado, 1 de octubre de 2011

Murga portonovesa de 1934 con marcado caráctr político

Murga_1934

Monumento Redeiras, algo que se fará...porque o merecen

Solitiude_ubicacion_redeiras

Intentamos clarificar os limites da Parroquia.2006

limitesparroquia

Quixemos salvar o lavadoiro de Baltar. 2005

Salvemos o Lavadoiro de Baltar

Delimitación Marítimo Terrestre de Portonovo 1972. ¿Alguén ve Rio Balijos?. ¿Que é del?

delimitacion marítimo terrestre de 1972

Este é o Monte Comunal Baltar-Vicaño

lindes monte Vicaño-Baltar

Protestas na festa da raia polo Club de Piraqüismo 2010



Posted by Picasa