Instagram

domingo, 29 de enero de 2012

Reunión veciños con Eduardo, adxudicatario da Cafeteria Casa Cultura de Adina



Por iniciativa da Concelleira de  Cultura, Paz Lago, tivo lugar na casa da  Cultura de Adina, as 19:30 horas, do sábado 28 de xaneiro, unha reunión entre colectivos veciñais e Eduardo, adxudicatorio do Bar Cafeteria da Casa da Cultura de Adina para tratar de intercambiar opinións sobre a futura xestíón da mesma.

Os colectivos asistentes foron os seguintes:
ASOCIACION VECIÑOS SAN MIGUEL
COMISIÓN NOVA FESTAS
COMISIÓN VELLA FESTAS

O adxuticatario do bar espuxo que a partires do 1 de febreiro, fariase cargo das instalacións da Cultura en horario normal de Bar. Despois de amplo debate, quedaron expostos os seguintes problemas:
-Hai eventos xa xestionados con presupusto, como por exemplo a cea de namorados, que o Concello tiña coñecemento e aceptara a súa execución por parte veciñal,  con moita antertioridade á adxudicación,  e agora haberá que topar unha solución.
-Os veciños non ven compatible algunha das actividades coa a do bar
-Os vecños non queren renunciar as actividades propias dunha casa de cultura.
-Era impresindible que estivese presente, ben a concelleira de cultura ou o concelleiro da parroquia. Ninguén estivo presente
-Acordouse que cada unha das partes se puxese en contacto cos responsables municipais




-

No hay comentarios:

Publicar un comentario