Instagram

domingo, 18 de octubre de 2009

Pedimos novas rúas con novas tecnoloxias

Xunta directiva xoves, 22 de novembro de 2007


Margarita Fontán Rico, presidenta veciñal de Portonovo

Rúa Areal 7, Casa do Pobo. 36970 Portonovo

Tel 690841848 www.aavvsancristobal.org portonovo@aavvsancristobal.org

690841848





Nota de prensa

Felicitamos a iniciativa do goberno local por iniciar, despois de 40 anos, o arranxo de moitas rúas da vila cos servizos incluídos básicos e tecnolóxicos. Cúmprese así unha vella demanda veciñal moitas veces pedida e documentada.

Despois do dito, tamén debemos apuntar que non se está cumprindo totalmente o prometido polo goberno local que anunciou os veciños que os cables irían todos soterrados coas correspondentes tubarias que terían que deixar instaladas xa agora, nesta intre.

Polos propios traballadores que están executando as obras, tivémonos que enterar que varias rúas non teñen previsto a preinstalación dos tubos para R e fenosa. Isto vai supoñer que ditas rúas terán os seus edificios cableados polas fachadas co conseguinte feismo que isto xenera.

Dado que isto é algo que apenas ten custo económico, tentamonos poñernos en contacto co concelleiro de obras D. Constantino que, sorprendentemente non naon sabia nada to tema. Prometeu velo hai más dun mes para darnos información, pero ainda hoxe en día, e despois de moitas chamadas, non nos dixo nada polo que entedemos que aínda segue sen enterarse.

Tampouco o concelleiro de urbanismo, D. Anxo Casal foi quen de informar os veciños a pesar de anunciar que se poñería en contacto con nós. Por últimos, a dona alcaldesa, xa desconectou da asociación veciñal hai tres meses.

O importante non è que ninguneen ou desprezen os veciños de Portonovo, senón que é que as obras tan desexadas, non se fagan coa eficacia esperada e prometida.

Demándamos do goberno local, que é, con moito, o mellor pagado de Galicia, máis dilixencia e máis dinamismo nas obras que prometen e deben facer e tamén demandamos máis atención veciñal, e por suposto, no caso das rúas de Portonovo, queremos non, esiximos, que queden instaladas as tubarias de todos os servizos prometidos para todas as rúas. E esixímolo, para que non volva a ocorrer o que xa ocorreu co arranxo do 2003 que agora, sendo núas novas, hai que rompelas para instalar o que antes non quixeron facer e pouco ou nada valía.





Atentamente

Margarita Fontán Rico

No hay comentarios:

Publicar un comentario