Carlos Conde, único presidente Festas, elexido por axemblea xeral de veciños, hai varios anos, volveu a ser revalidado o 24 de xuño pola asistencia de 68 veciños na sala de Usos Múltiples da Casa do Pobo. En dita asemblea, acordouse:
1.-Que sería el, o encargado das Festas Patronais de Portonovo, coa a aceptación de que, necesariamente ,tiñan que ser malas este ano, polo golpe que o Concello dou ó modelo de financiación anterior.
2.-Realizar medidas de presión cara o Concello, sen descartar mesmo manifestacións.
HISTORIA
Carlos Conde foi elexido presidente da Comisión de Festas, en asembela xeral de aavv S. Cristóbal no ano 2006. Esta elección conlevaba un novo modelo de xestión e finanzamento que, en varias ocasións, como a do domingo, foi refrendada co apoio dos veciños asistentes.
O novo modelo, baseado na Feira Multisectorial, produxo roces con colectivos comerciais que levaron o Concello a acabar con el, sen previo aviso ou negociación con Carlos Conde.
Como consecuencia desta decisión, Portonovo, quedou sen financiación para as Festas Patronais, quedando dúas opcións:
a.-QUE AS FAGA O CONCELLO: Neste caso, Paz Lago, tachada de boa persona pero incompetente, só se comprometia a facer o día 16 agosto e con discoteca móbil (Carramón)
b.-QUE OS VECIÑOS SE FAGAN CARGO DELA. Por ampla maioria, saliu esta segunda opción
EXPLICACIÓN DE CARLOS CONDE
Segundo Conde, Catalina González, quitouno do medio, basicamente, por apoiar a diversos colectivos de Portonovo, en asuntos que eran propios do Concello, pero el alega que esta axuda, sempre foi dada despois de que o Concello se pronunciase na negativa da mesma por falta de medios. Pon ate 10 exemplos como o Club de Piragüismo, grupos de Teatro e outras festas da parroquia, etc.
A única condición que poñia Conde era poder poñer as orquestas na punta do peirao novo para evitar molestias ós veciños e mellorar o aparcamento.
PROXECTO PORTONOVO
A experiencia dime que cando o Concello non interven nos eventos de Portonovo, a cousa marcha ben. Un exemplo importante, témolo na FESTA DA RAIA que está morta por clara incompetencia do Concello. Tal como se fixerón as cousas, parece que lle vai ocorrer o mesmo as Festas Patronais. Xermán Prieto
No hay comentarios:
Publicar un comentario