PROPOSTA PARA UNHA COALICIÓN DE GOBERNO PARA O CONCELLO DE SANXENXO
GOBERNO DE COALICIÓN
Despois dos resultados electorais do día 24 de maio, nos cales as veciñas e veciños de Sanxenxo se
pronunciaron a través das urnas apostando por unha maioría plural composta por catro forzas
políticas (Sanxenxo Agrupación Liberal, Bloque Nacionalista Galego, PSdG-PSOE e Sanxenxo Pode),
asumimos a integración das distintas propostas programáticas para favorecer a conformación dun
goberno de coalición que garanta a gobernabilidade no periodo 2015-2019.
Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL): 4 concelleiros Bloque Nacionalista Galego (BNG): 3 concelleiros
PSdeG- PSOE: 1concelleira
Sanxenxo Pode: 1 concelleiro
As catro forzas políticas reiteramos a noso compromiso coa realidad.e social na que estamos a vivir
e apostamos por levar a cabo dende a institución municipal unha política sensible e atenta ás
necesidades das nosas veciñas e veciños, preocupada polas prioridades reais da cidadanfa e cargada
da sensibilidade para darlles solución dentro das nosas competencias.
A singularidade de que a conformación do gobemo estea composta por catro formacións políticas
reproduce fielmente a diversidad.e social do noso concello e favorece que o sistema de colaboración
e control sexa máis eficiente e que permita que o único interese que prevale.za na xestión sexa o
ben común e o interese dos veciños e veciñas de Sanxenxo.
PRINCIPIOS DE GOBERNO
Acordamos dotar ao concello de Sanxenxo dun gobemo único e estable, que terá como principios
básicos a responsabilidade na xestión e no gasto, a simplificación e eficacia administrativa, a
transparencia e o diálogo, a defensa do interese público, a optimiz.ación dos recursos e a
solidariedade, coa máxima lealdade entre todos os membros do gobemo, sexan da mesma ou de distinta
opción política, e cun programa básico común.
A similitude en amplos aspectos programáticos das cateo forzas políticas que conforman este pacto,
facilita a compatibilidade nunha única liña de gobemo. A similitude reside na capacidade de
integrar nos distintos programas as demandas e necesidades trasladadas pola propia cidadanía a
través dos distintos colectivos, asociacións e agrupacións que conforman o tecido social de
Sanxenxo.
A proximidad.e aos veciños e veciñas, a atención e a participación cidadán, e sobre todo a
transparencia serán os piares básicos desta coalición de gobemo. A transparencia obtense
proporcionando unha información precisa e detallada aos veciños e veciñas a través das distintas
canles de información e dotando a institución municipal de unha páxina web dinámica e operativa.
Compre realizar auditorias que recopilen a información para poder valorar o estado actual de
distintos departamentos, organismos e sociedades mercantís públicas municipais, tales
como
00.AA. Terra de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo e en materia urbanística entre
outras.
Atendendo ao momento económico e laboral polo que están pasando moitas das nosas veciñas e veciños,
compre centrar tódolos esforzos deste gobemo de coalición na creación de estratexias para xerar
emprego e na
atención das necesidades básicas das familias e persoas que o precisan a través das seguintes
medidas:
- Apostar por un modelo económico diversificado e máis sólido. Un no que consolide o sector
turístico pero tamén no que se potencie decididamente o comercio e a industria. A prioridade é
garantir un emprego roáis estable, que cubra as demandas da nosa poboación durante todo o ano. Para
acadar este obxectivo faise imprescindible a posta en marcha do Parque Empresarial de Nantes.
- Garantir unha xestión eficaz e ao mesmo tempo responsable na optimización dos recursos públicos,
buscando o aforro en gastos prescindibles que nos permita recuperar a capacidade investidora en
in:fraestruturas e servizos. A redución do custe total do grupo de gobemo será entre un 20% e o
30%.
- Manter o mais baixa posible a presión fiscal, taxas e impostos, cos rerurustes necesarios
proporcionais ao momento actual de crise, pero garantindo a prestación de servizos de calidade.
- Facer unha política de ingresos baseada na eliminación das bolsas de fraude que puidesen existir
e na mellora dos padróns, aumentado así a xustiza e a equidade no esforzo fiscal.
- Aposta decidida do noso concello como destino turístico de primeiro nivel a través da
diversificación da oferta existente, cun impulso na organización de todo tipo de eventos
cultura.is, deportivos, congresuais e festivos.
- Mellora das infraestruturas de comunicación e servizos: PO 308 (estrada da Lanzada), PO 504, Luis
Rocafort, rúa Progreso, apertura de estrada paralela á rúa Progreso, estrada interior de Noalla,
etc.
- Levar adiante novas infraestruturas amplamente demandadas pola cidadanía, como o Clube de
Piragüísmo, edificio de Cultll-i a para Vilalonga, local social de Gondar, sala polivalente na
piscina municipal, humanización do centro urbano de Bordóns, o aconclicionamento do entorno
exterior da casa cultural de Dorró paso das Salinas da RevoJta, a recepción da Praz.a de Vilalonga,
entre outros.
-As infraestruturas educativas terán un trato prioritario na actuación de gobemo onde se levaran a
cabo todas as xestión que permitan dispoñer de un novo colexio en Vilalonga neste mandato, ao tempo
que investimentos para o acondicionamento de todos os centros educativos e instalacións deportivas
vinculadas aos devanditos Centros como son o caso dos colexios de Nantes, Sanxenxo, IES Vilal
onga.
- Unha xestión máis eficaz, transparente e baseada na legalidade en materia urbanística, cunha
clara preocupación por simplificar e axilizar os trámites para a concesión de licencias e permisos.
- Adaptación do Plan Xeral de Ordenación Municipal ás distintas normativas vixentes e corrección
dos posibles erros no planeamento actual, xunto cunha nova ordenación dos núcleos históricos
existentes.
- Reordenación da zona portuaria do Porto de Portonovo analizando e planificando a evolución e a
utilización da zona de servizos do Porto na procura da funcionalidade óptima como resposta a todas
as actividades que teñen lugar no seu ámbito, ademais de favorecer a cohesión do tecido urbano.
- Garantir a disposición de novas superficies de aparcamento que satisfagan a demanda nesa materia,
principalmente nos entornos urbanos.
- Fortalecer a concellería de Benestar Social para atender de maneira máis eficaz as necesidades
cada vez máis profundas nesta materia. Activar un Plan de Emerxencia Social que garanta a cobertura
social das familias e persoas necesitadas.
- Desenvolvemento de proxectos de recuperación e posta en valor dos espazos naturais e o patrimonio
cultural e etnográfico para disfrute das veciñas e veciños, como son o Pazo de Quintáns e o
Priorato de Arra.
- Compromiso co saneamento integral e recuperación da marxe costeira do noso concello na ria de
Arousa.
- Apertura de sendas e rutas fluviais para disfrute dos veciños e veciñas e como complemento da
oferta turística.
- Organización e promoción dunha ampla axenda de actividades culturais, deportivas e xuvenís,
diseminadas por todas as parroquias do concello, que favorezan unha mellora na calidade da oferta
lúdica.
- Mellor coordinación do corpo da Policía Local e os Servizos Municipais de Emerxencias e Extinción
de Incendios, a cal se reflicta na calidade da atención ao cidadán.
- Perfeccionar o servizo de recollida de lixo e traballar por mellorar a concienciación social en
materia de reciclaxe.
DISTRIBUCIÓN DE GOBERNO
ALCALDE: GONZALO GONZALO PITA
PRIMEmO TENENTE DE ALCALDE: DAVID OTERO DOMÍNGUEZ SEGUNDA TENENTE DE ALCALDE: VANESSA RODRÍGUEZ BÚA
TERCEIRA TENENTE DE ALCALDE: CORAL GONZÁLEZ-HABA PÉREZ CUARTO TENENTE DE ALCALDE: ROBERTO CARLOS
AGÍS BALBOA
XUNTA DE GOBERNO:
SANXENXO AGRUPACIÓN LIBERAL: 3 COMPOÑENTES BLOQUE NACIONALISTA GALEGO: 1 COMPOÑENTES PSdeG-PSOE:
1COMPOÑENTE
SANXENXO PODE: l COMPOÑENTE
PORTAVOZ DO GOBERNO: DAVID OTERO DOMÍNGUEZ VICEPORTAVOZ DO GOBERNO: VANESSA RODRÍGUEZ BÚA
COMPOÑENTES DO GOBERNO: GONZALO GONZALO PITA, DAVID OTERO DOMINGUEZ, VANESA RODRIGUEZ BUA,
DANIEL FERNANDEZ PIÑEIRO, JESUS JOAQUIN SUEIRO MENDEZ, SANDRA FERNANDEZ AGRASO, MAXIMINO GONZALEZ
MINIÑO, CORAL GONZALEZ-HABA PEREZ, ROBERTO CARLOS AGIS BALBOA.
AREAS:
SANXENXO AGRUPACIÓN LIBERAL (SAL)
-ALCALDÍA
-TURISMO, COMERCIO E DEPORTES
-XESTIÓN, PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA E INFRAESTRUCTURAS
-PERSOAL E SEGURIDADE CIDADÁ
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
-BENESTAR SOCIAL, EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
-SERVIZOS, MANTEMENTO, PATRIMONIO E PARTICIPACIÓN CIDADÁ.
PSdeG-PSOE
-MEDIO AMBIENTE E ENTORNO RURAL. SANXENXO PODE
-CULTURA, FESTEXOS E XlNENTUDE
E para que así conste e en proba de confonnidade, asinan os representantes dos catro grupos
municipais este documento en Sanxenxo a 8 de Xuño de 2.015
Sanxenxo Agrupación Liberal Bloque Nacionalista Galego-AA
PSdeG-PSOE SANXENXO PODE
M1 del Coral González-Haba Pérez Roberto Carlos Agís Balboa
No hay comentarios:
Publicar un comentario