Instagram

jueves, 11 de abril de 2013

O PREZO DA CASA DE DON FERNANDO, POR XERMAN PRIETO DEZA


A casa de D. Fernando, desde hai moitos anos, foi desexada por los veciños por dúas razóns: 1ª, pola antigüedade e 2º, polo tipo de construción, da que era e é, moi necesitada Portonovo. 
Casa de D. Fernando, convertida agora en Casa Mariñeira
No proxecto veciñal, Proxecto Portonovo, que dou titulo a este blog, xa aparecia no 1998, como obxectivo veciñal a conseguir, dándolle mesmo a finalidade de Casa da Cultura de Portonovo. Por iso, nesas datas, creouse unha comisión veciñal para coñecer o prezo que lle poñian.
Dita comisión falou cos representantes dos propietarios en varias ocasións. Propietarios que  resultaron ser persoas que agora mesmo están sendo procesadas por narcobranqueo. 
O prezo que lle poñian no ano 2001-2002 era duns 80 millóns de pesetas, e por iso lle pedimos a Telmo Martín, que cualificara a finca no PXOM que, daquela xa   se estaba facendo, como de equipamento  instituciónal, para que non variara o prezo. 
E efectivamente, no avance do PXOM do outubro 2002, así aparecia. Pero 6 meses máis tarde, na exposición final do PXOM 2003, aparecia coa máxima cualificación urbanística que podía ter Portonovo o que iba supoñer, na practica,  aumentar moito o prezo.
A alcaldesa actual di que se pagaron 167 millóns de pesetas, utilizando para elo, a inxeniera financeira propia de narcobranqueo, por parte do vendedor e co beneplácíto do alcalde Telmo.  É todo correcto, afirma, porque era con informes técnicos de valoración. O que non detalla é o momento en que se fixo a valoración e que os técnicos non eran funcionarios.
En resumo, o Concello de Sanxenxo, para o meu modo de ver,  pagou 87 millóns de pesetas de máis pola desexada finca, e pagounos,  utilizando prácticas que só beneficiaban a persoas que están sendo agora procesadas por suposto narcobranqueo.
Este tipo de cualificacións urbanística, ocorriu no PXOM 2003, coa maioría das propiedades vencelladas  ó  narcobranqueo. Xermán Prieto, fundador, xunto con outros veciños, de Avante, movemento asociativo antidroga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario