Os lindes da Parroquia Santa María Adina de Portonovo
Margarita Fontán Rico, con DNI 35240528-C e domiciliada, a efectos de notificación en Rúa Areal 7, 36970 PORTONOVO, como presidenta da aavv San Cristóbal de Portonovo
EXPÓN PUBLICAMENTE
Os veciños de Portonovo estamos molestos pola falta de sensibilidade que sobre a parroquia, como unidade de convivencia natural galega, teñen os gobernantes de turno. Non importa que sexan ou non de Portonovo, nin que declaren que son gatas ou gatos, ata a medula. Quizá o factor común sexa o descoñecemento do territorio que lles toca gobernar. Neste ocasión, queremos denunciar o encollemento dos lindes parroquiais e urbanos.
Os lindes
Desde hai 40 anos, Portonovo está sendo achicado nos seus límites parroquiais, a tamén urbanos da vila. A saber:
1965 Primeiro os rótulos anunciadores, estaban no lado Oeste, en Aios e polo lado Este da parroquia , estaban a altura da actual discoteca Zoo e no inicio da Praia de Silgar, pegado mesmo a ladeira do monte do Vicaño.
1972 Logo pasaron ó centro da curva do Vicaño, mesmo ó lado da santa Rosalía,
1986 O Concello acorda anexionar á parroquia de Padriñán, todo o monte Vicaño
1991.O rótulo que estaba na curva de Vicaño, pasa a estar na rotonda do principio de Baltar, máis correctamente Barriada Virxe do Carmen, feita para dar casa ós mariñeiros máis pobres de Portonovo, por iniciativa da Confraría de Pescadores.
1995.Sitúan o inicio urbano de Portonovo a altura da actual nova rotonda pero por protesta veciñal, o concelleiro J. A. Aguín, volveuno a situar na rotonda inicial.
1999. Telmo Martín, amplía o Paseo de Praia de Silgar a todo lado Este da Praia de Portonovo e aí segue. Ningún concelleiro da parroquia dixo o fixo algo para defender a súa parroquia.
2002.Telmo Martín quita os carteis en chapa que anunciaban o Paseo da Praia de Portonovo
2003. Telmo Martín arranca e rompe o rótulo gravado en pedra de granito por veciños de Portonovo e que volvia volvía a anunciar o Paseo da Praia de Portonovo ó longo mesmo.
2004. Telmo Martín arranca e secuestra o rótulo en aceiro, posto polos veciños na curva do Vicaño, e que anunciaba a Portonovo cos iconos gráficos de raia, pesca e mar e praia.
2007.Agora que temos unha alcaldesa que presume de gata Portonovesa, chántanos un rótulo axardinado que é moi bonito si, pero está situado na nova rotonda central de Portonovo, polo que todo parece indicar ó visitante, que aí empeza a vila. Sen embargo, todos os veciños sabemos que deixa atrás non só a mencionada barriada Virxe do Carme, senón que tamén queda fora, toda parte urbana do monte comunal de Vicaño-Baltar. Ela dirá que máis da, pero sinxelamente, era o que menos esperábamos dunha alcaldesa da vila. E si da igual, ¿por que non puxo este rótulo axardinado na rotonda do extremo Este do núcleo urbano de Portonovo?.
Este tipo de accións, din pouco da calidade dos gobernantes locais e tamén empobrecen a veracidade da información que transmitimos e mesmo irritan a mocidade cando grita “Portonovo Independente e Corea pa (sic) nós”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario