Instagram

miércoles, 19 de octubre de 2011

En 2003, os veciños pedimos o fraccionamento do IBI. Hoxe seguen sen enterarse e polo tanto, seguen dándonos o "pau" todo dun golpe.


              mércores, 03 de setembro de 2003

Asunto:  Fraccionamento IBI
  Sr. Alcalde





            Por moitas queixas veciñais, esta asociación, na reunión de Xunta Directiva, de 29 de agosto, acordou


            EXPOÑERLLE

 
            Que o recente cobro do Imposto de Bens Inmobles deixou a moitos veciños sen recursos económicos para o normal desenrolo da súa vida familiar.


            Que sen querer entrar  nunha posible sobrevaloración catastral en certas áreas urbanas, o certo é, que pagar ese imposto dunha soa vez, deixa, cando menos abaneando, moitas economías familiares, polo que esta asociación entende que se podería amainar  ese efecto, se os veciños tivésemos a oportunidade de pagar o IBI dunha forma fraccionada, que mesmo podería ser, tamén para o Concello, máis interesante.

            Que esta é tamén unha idea posible, xa que se fai noutros concellos veciños, por iso,

 
SOLICITAMOSLLE

ELEVE A ACORDO PLENARIO ESTA PROPOSTA E FAGA A XESTIÓN SUFICIENTE E NECESARIA PARA QUE SEXA POSIBLE O FRACCIONAMENTO DO IBI NO VINDEIRO EXERCICIO 2004


SEÑOR ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO CONCELLO DE SANXENXO




No hay comentarios:

Publicar un comentario