Asemblea Xeral sabado, 18 novembro 2006
Xermán Prieto Deza, presidente veciñal de Portonovo
Rúa Areal 7, Casa do Pobo. 36970 Portonovo
690841848
Sendo as 19:30 horas do serán, reúnese a asemblea xeral de veciños de San Cristobal, para tratar a seguinte orde do día:
-Resumo da actividade veciñal nos últimos catro anos
-Posición económica a 18 novembro 2006.
-Elección de nova Xunta Directiva
Coa a asistencia de 18 socios, o presidente expón que actividade da Xunta Directiva estaba enmarcada dentro do Proxecto Portonovo, facendo fincapé na recuperación de rios, humedais e monte comunal quedando resumida da seguinte maneira:
Proxecto Portonovo
-Aspecto social: Pedir que se pinte o edificio de Usos Múltiples, conseguir documentación notarial de que este edificio é de propiedade de tódolos veciños e informar a creación dunha paxina web veciñal co dominio www. aavvsancristobal.org.
-Cultura: Neste aspecto destaca a xestión para crear un video coas murgas históricas de Portonovo ademais facer xestión para que se fixese un monumento en honra ás redeiras.
-Recuperación de humidais, ríos e monte comunal. Respecto o humidal de Baltar, destaca o éxito de paralización das 96 vivendas do PEI 10 polo xulgado número 2 de Cambados por presunto delicto contra ordenación do territorio. Destaca a recuperación dos ríos de Baltar e Fabaiños conseguindo a xestión da asociación más de 2 millóns de euros para este fin. Lamenta o olvido do río de Valiejos para o que cree que teremos que seguir lointando pola súa recuperación. Destaca o fracaso da clasificación comunal dos montes de Baltar e Vicaño por un plan plantexamento do avogado. Informa que tamén se inición a clasificación do Monte de Cabicastro Canelas.
-Urbanismo. Destaca a xestión para que empedren 33 rúas de Portonovo cos correspondentes servicios básicos, o adecentamento das casas abandonas da vila e a finalización do Plan de Seguridade Baltar-Canelas previsto no Proxecto Portonovo.
-PXOM 2003. Informa de que a asociación presentos 32 alegacións das que de momento non se tivo en conta algunha aínda que parece que a do aparcamento, vai tomando forma.
Este resumo, está detallado en 234 escritos que obran na sede da asociación.
Posición económica
A data hoxe, hai un saldo de de catro mil cento cuarenta e dos euros con nove céntimos tendo uns gasto no 2006 de novecentos noventa a seis euros. Está vencida xa a cuota dos socios 2006 e faltan 91 euros de venda de camisetas.
Elección de Xunta Directiva
Non habendo máis candidatos, resulta elixida presidenta Margarita Fontán quen adianta que formarán parte da nova directiva as seguintes persoas:
-Luís Diz
-Dolores Aguín
-Enrique Lima
Pedindo uns días para completar a nova directiva da que informará publicamente e será refrendada na seguinte asemblea xeral.
Resultado da votación:
13 votos a favor
1 contra
4 abstencións.
Sendo ás 20:23 horas dase por rematada a reunión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario