Xunta directiva domingo, 18 de maio 2006
Margarita Fontán Rico, presidenta veciñal de Portonovo
Rúa Areal 7, Casa do Pobo. 36970 Portonovo
Tel 690841848 www.aavvsancristobal.org portonovo@aavvsancristobal.org
690841848
Sra. Alcaldesa
Os veciños de Portonovo queremos manifestarlle o desexo de que se recupere a tradición das Cachadas de San Xoán, un tanto esquecidas pola restrictiva normativa que se impón para realizar as mesmas.
Sendo esta tradición desexada por veciños e turistas, consideramos que o concello debería implicarse máis animando e facilitando a celebración da mesma, como se fai en moitos concellos. É por iso que lle solicitamos
-Habilite espacios e mesmo rúas, nas que se poidan facer fogueiras, poñendo a area necesaria de protección se fose o caso.
-Dé ampla publicidade veciñal
-Amplo dispositivo policial para evitar os actos vandálicos
-Unha caixa de sardiñas e xurelos para cada colectivo que solicite permiso para facer a fogueira de San Xoán.
Margarita Fontán Rico, presidenta.
Sra alcaldesa-presidenta do Ilmo. Concello de Sanxenxo
No hay comentarios:
Publicar un comentario