Instagram

domingo, 18 de octubre de 2009

Pedimos que se facilitasen as cachadas de San Xoan

Xunta directiva domingo, 18 de maio 2006
Margarita Fontán Rico, presidenta veciñal de Portonovo
Rúa Areal 7, Casa do Pobo. 36970 Portonovo
Tel 690841848 www.aavvsancristobal.org portonovo@aavvsancristobal.org
690841848


Sra. Alcaldesa

Os veciños de Portonovo queremos manifestarlle o desexo de que se recupere a tradición das Cachadas de San Xoán, un tanto esquecidas pola restrictiva normativa que se impón para realizar as mesmas.
Sendo esta tradición desexada por veciños e turistas, consideramos que o concello debería implicarse máis animando e facilitando a celebración da mesma, como se fai en moitos concellos. É por iso que lle solicitamos

-Habilite espacios e mesmo rúas, nas que se poidan facer fogueiras, poñendo a area necesaria de protección se fose o caso.
-Dé ampla publicidade veciñal
-Amplo dispositivo policial para evitar os actos vandálicos
-Unha caixa de sardiñas e xurelos para cada colectivo que solicite permiso para facer a fogueira de San Xoán.







Margarita Fontán Rico, presidenta.



Sra alcaldesa-presidenta do Ilmo. Concello de Sanxenxo

Pedimos un monumento para as redeiras

 
Posted by Picasa

Apoiamos a artesania de Portonovo

 
Posted by Picasa

Denunciamos a destrucción do Humidal de Baltar e a desaparición dos Rios Valiejos e Carballeira, informando do prexuizo que traerá os veciños.

 
Posted by Picasa

Tentamos dinamizar a asociación


      Asemblea Xeral              sabado, 18 novembro 2006
Xermán Prieto Deza, presidente veciñal de Portonovo
Rúa Areal 7, Casa do Pobo. 36970 Portonovo
Cuadro de texto: Asunto:   Elección nova Xunta Directiva.            690841848



Sendo as 19:30 horas do serán, reúnese a asemblea xeral de veciños de San Cristobal, para tratar a seguinte orde do día:
-Resumo da actividade veciñal nos últimos catro anos
-Posición económica a 18 novembro 2006.
-Elección de nova Xunta Directiva

Coa a asistencia de 18 socios, o presidente expón que actividade da Xunta Directiva estaba enmarcada dentro do Proxecto Portonovo, facendo fincapé na recuperación de rios, humedais e monte comunal quedando resumida da seguinte maneira:
Proxecto Portonovo
-Aspecto social: Pedir que se pinte o edificio de Usos Múltiples, conseguir documentación notarial de que este edificio é de propiedade de tódolos veciños e informar a creación dunha paxina web veciñal co dominio www. aavvsancristobal.org.
-Cultura: Neste aspecto destaca a xestión para crear un video coas murgas históricas de Portonovo ademais facer xestión para que se fixese un monumento en honra ás redeiras.
-Recuperación de humidais, ríos e monte comunal. Respecto o humidal de Baltar, destaca o éxito de paralización das 96 vivendas do PEI 10 polo xulgado número 2 de Cambados por presunto delicto contra ordenación do territorio. Destaca a recuperación dos ríos de Baltar e Fabaiños conseguindo a xestión da asociación más de 2 millóns de euros para este fin. Lamenta o olvido do río de Valiejos para o que cree que teremos que seguir lointando pola súa recuperación. Destaca o fracaso da clasificación comunal dos montes de Baltar e Vicaño por un plan plantexamento do avogado. Informa que tamén se inición a clasificación do Monte de Cabicastro Canelas.
-Urbanismo. Destaca a xestión para que empedren 33 rúas de Portonovo cos correspondentes servicios básicos, o adecentamento das casas abandonas da vila e a finalización do Plan de Seguridade Baltar-Canelas previsto no Proxecto  Portonovo.
-PXOM 2003. Informa de que a asociación presentos 32 alegacións das que de momento non se tivo en conta algunha aínda que parece que a do aparcamento, vai tomando forma.
Este resumo, está detallado en 234 escritos que obran na sede da asociación.
Posición económica


A data hoxe, hai un saldo de de catro mil cento cuarenta e dos euros con nove céntimos tendo uns gasto no 2006 de novecentos noventa a seis euros. Está vencida xa a cuota dos socios 2006 e faltan 91 euros de venda de camisetas.

Elección de Xunta Directiva
Non habendo máis candidatos, resulta elixida presidenta Margarita Fontán quen adianta que formarán parte da nova directiva as seguintes persoas:
-Luís  Diz
-Dolores Aguín
-Enrique Lima
Pedindo uns días para completar a nova directiva da que informará publicamente e será refrendada na seguinte asemblea xeral.
Resultado da votación:
13 votos a favor
1 contra
4 abstencións.

Sendo ás 20:23 horas dase por rematada a reunión.











Apoiamos a futura ordenación do Porto de Portonovo, con pequenas modificacións


Posted by Picasa

Este é o resultado do seprador de graxa doméstico. En 3 meses, esa é a graxa que iria o mar resultado de lavar pratos

Posted by Picasa

Pedimos que se coidara o mar promovendo os separadores de graxa nas vivendas e recollida de aceites


Posted by Picasa

Pedimos a ampliación da Confraria S. Roque coa integración do sector marisqueiro de Vilalonga


Posted by Picasa

Pedimos novas rúas con novas tecnoloxias

Xunta directiva xoves, 22 de novembro de 2007


Margarita Fontán Rico, presidenta veciñal de Portonovo

Rúa Areal 7, Casa do Pobo. 36970 Portonovo

Tel 690841848 www.aavvsancristobal.org portonovo@aavvsancristobal.org

690841848





Nota de prensa

Felicitamos a iniciativa do goberno local por iniciar, despois de 40 anos, o arranxo de moitas rúas da vila cos servizos incluídos básicos e tecnolóxicos. Cúmprese así unha vella demanda veciñal moitas veces pedida e documentada.

Despois do dito, tamén debemos apuntar que non se está cumprindo totalmente o prometido polo goberno local que anunciou os veciños que os cables irían todos soterrados coas correspondentes tubarias que terían que deixar instaladas xa agora, nesta intre.

Polos propios traballadores que están executando as obras, tivémonos que enterar que varias rúas non teñen previsto a preinstalación dos tubos para R e fenosa. Isto vai supoñer que ditas rúas terán os seus edificios cableados polas fachadas co conseguinte feismo que isto xenera.

Dado que isto é algo que apenas ten custo económico, tentamonos poñernos en contacto co concelleiro de obras D. Constantino que, sorprendentemente non naon sabia nada to tema. Prometeu velo hai más dun mes para darnos información, pero ainda hoxe en día, e despois de moitas chamadas, non nos dixo nada polo que entedemos que aínda segue sen enterarse.

Tampouco o concelleiro de urbanismo, D. Anxo Casal foi quen de informar os veciños a pesar de anunciar que se poñería en contacto con nós. Por últimos, a dona alcaldesa, xa desconectou da asociación veciñal hai tres meses.

O importante non è que ninguneen ou desprezen os veciños de Portonovo, senón que é que as obras tan desexadas, non se fagan coa eficacia esperada e prometida.

Demándamos do goberno local, que é, con moito, o mellor pagado de Galicia, máis dilixencia e máis dinamismo nas obras que prometen e deben facer e tamén demandamos máis atención veciñal, e por suposto, no caso das rúas de Portonovo, queremos non, esiximos, que queden instaladas as tubarias de todos os servizos prometidos para todas as rúas. E esixímolo, para que non volva a ocorrer o que xa ocorreu co arranxo do 2003 que agora, sendo núas novas, hai que rompelas para instalar o que antes non quixeron facer e pouco ou nada valía.





Atentamente

Margarita Fontán Rico

Unión do río de Baltar co de Valiejos no humedal do Espiñeiro. Sí que tiñán caudal


Fincas e rios de antes (1955)

Posted by Picasa

Miramos polo cableado

Posted by Picasa

Pedimos integrar ó sector marisqueiro

O recurso que podíamos ter

Posted by Picasa

Rúas mal coidadas

Posted by Picasa

Fóra o narcotráfico

Posted by Picasa

San Roquiño, iluminaos

Posted by Picasa

Porque é Praia de Portonovo

Posted by Picasa

Porque as rúas hai que arranxalas.2002

Posted by Picasa

Rio de Baltar e río de Valiejos comido polo formigón, presentes en 2003



Posted by Picasa

Rio de Valiejos, en acción


Posted by Picasa

A defunción do lavadoiro de Baltar

Posted by Picasa

Muro no Camiño do Altariño

Posted by Picasa

Camiño do altariño

Posted by Picasa

Rio de Valiejos, 1956


Posted by Picasa

Santa Catalina 2007

...vai o pai no mar, chova, que venta, teno que buscar...