Instagram

lunes, 25 de mayo de 2015

COMPARSAS DE PORTONOVO

O PESCADOR
Letra de comparsa feita  Maria del Carmen García, (Marucha) de Portonovo con arranxos musicais de Blas Dominguez

ERGUINME POLA MAÑÁN, CEDIÑO DE MADRUGADA
E COLLÍN O MEU BARQUIÑO,  FUNME Ó MAR DA LANZADA.
ESTABA BOTANDO AS LIÑAS, ENCABRITOUSEME O MAR
PACENCIA, DIXEN QUEDIÑO, QUE TES QUE GAÑALO PAN (BIS).

NOSA VIRXE DA LANZADA, PRÉGOCHE VENME AXUDAR,
TI COIDAS DOS MARIÑEIROS E PODES CALMAR O MAR,
AS ONDAS ROMPEN NA PROA, EMPEZA UNHA RECALMADA,
SAE UN RAIÑO DE SOL, NO MEDIO DA TREBOADA, (BIS)

NA INMENSIDADE… DE CEO E MAR,
ESAS GAIVOTAS, QUE VOAN PRETO, FANME LEMBRAR.
A SOEDADE… DO PESCADOR,
NOIVO DOS VENTOS E DAS MAREAS, DE SOL A SOL.

APROVEITAN NESTA INTRE, COAS ANSIAS DE TRABALLAR;
AS GAIVOTAS COMPAÑEIRAS Ó REDOR REVOAR.
XA SE ESTÁ METENDO O DIA, RECOLLO PARA VOLTAR;
QUE ESTARÁN BASTANTE INQUEDOS, A XENTE NO MEU FOGAR (BIS).

POÑO,  PROA PORTONOVO, MEU CORAZÓN BRINCAR
CANDO POLO PEIRAO, VEXO A MULLER ESPERAR.
QUE DIA TAN XENEROSO, PUDEN MOITO TRABALLAR;
PARA ALIMENTAR A FAMILIA, COS BENS QUE ME DOU O MAR (BIS)

NA INMENSIDADE…DE CEO E MAR,
ESAS GAIVOTAS QUE VOAN PRETO FANME LEMBRAR.
A SOEDADE… DO PESCADOR,
NOIVO DOS VENTOS E DAS MAREAS DE SOL A SOL.

NOIVO DOS VENTOS E DAS MAREAS, DE SOL A SOL…
PESCADOR…PESCADDOOOR…


No hay comentarios:

Publicar un comentario