Instagram

martes, 1 de mayo de 2012

DEPARTAMENTO FISICA E QUIMICA


JOSÉ GERMÁN PRIETO DEZA

XEFE DEPARTAMENTO 1 de Maio 2012.





BREVE INFORME DA VISITA A ALLARIZ DE 30 ABRIL 2012







Sendo habitual, deste departamento, realizar, polo penos, unha visita guiada, a unha empresa de enerxia renovable, neste curso tocoulle a empresa BIOALLARLUZ S.A. ubicada no polígono de CHORENTE do CONCELLO DE ALLARIZ, OURENSE.


43 alumnos de 2º ESO, 3 profesores e o Concelleiro de Medioambiente de Sanxenxo, desprazámanos, primero a empresa, e logo tivemos una conferencia a cargo do Concelleiro de Medioambiente de ALLARIZ , no salón de plenos.

O obxectivo era dobre: por un lado veríamos como se aproveita a broza do monte para producir corrente eléctrica e abono coa cinza; e logo, por outro, o concelleiro de Allariz, informounos de como se pode deixar limpo o monte para que no haxa tantos incendios.

BIOALLARLUZ S.A é unha empresa de iniciativa municipal que funciona desde 1997 con rentabilidade suficiente. Emprega a 12 personas directas e 50 indirectas. Hoxe en dia, forma parte do grupo empresarial NORVENTO nun porcentaje do 90 por cen de capital.

Chama a atención, no proceso de limpeza do monte, como o Concelleiro de Allariz, recomendaba ordenar a forestación galega por tipo de arbolado e tratar de recuperar espazos para ganderia extensiva, xa os mellores limpadores do monte son os animais herbivoros.

É de agraceder as boas e amplas explicación do Concelleiro de Allariz e o bo comportamento dos alumnos que foron quen de prestar máxima atención ás explicacións do concelleiro.

O final, houbo unha entrevista entre ambolosdous concelleiros para tratar de trasladar a idea de Allalriz o entorno do Salnés, que ten o monte moi preparado, pero para arder.







Asdo. Xermán Prieto Deza


No hay comentarios:

Publicar un comentario