Con unha asistencia de 60 veciños propietatarios do cemiterio de Adina, celebrouse unha reunión na casa da Cultura de Adina, convocada pola asociación de veciños de Adina. Podemos resumila así:
-Actúa de presidente accidental, Gerardo Fdez Otero e de secretario accidental, Xermán Prieto Deza.
-Recoñécese que a lexitimidade de convocar a tódolos propietarios, recae, por natureaza, no Patrón Maior da Confraria de Pescadores San Roque de Portonovo, que non asistiu por problemas de axenda. Pero esta convocatoria está xustificada, porque o Patrón Maior, leva máis de seis anos prometendo dita reunión a índa nona fixo.
-Tampouco asistiu a concelleira de urbanismo de Sanxenxo necesaria para colaborar no aspecto que lle compete.,
-Acéptanse as declaracións públicas do Patrón Maior de que convocaria a tódolos propietarios no primeiro trimestre do 2012.
-Noméase unha comisión xestora co seguinte mandato:
1.- Colaborar co Patrón Maior para que efectivamente cumpra a promesa de convocar a tódolos propietarios.
2.-Encarrilar as bases do futuro regulamento deste cemiterio que actualmente, sendo o máis importe, é o único carente deste instrumento imprescindible para o bo funcionamento do mesmo.
-Os compoñentes da Comísión Xestora Accidental son os seguintes:
PRESIDENTE: ANTOLIN VAZQUES PUENTE
SECRETARIO: XERMÁN PRIETO DEZA
VOCAIS:
1.-ANDRÉS GARCIA FERNÁNDEZ
2.-RITA BASDEDIOS MUÑIZ
3.-BERTA BUEZAS DOMINGUEZ
4.-FRANCISCO DADÍN MAGDALENA
No hay comentarios:
Publicar un comentario